fisioloxía

fisioloxía

lat physiologĭa gr ϕ υσιολογία

Plural: fisioloxías
  1. s f [FISIOL ]

    Ciencia que estuda os fenómenos funcionais e os procesos vitais dos organismos animais ou dos vexetais, e trata de establecer as leis que os regulan e os rexen.

  2. fisioloxía animal [FISIOL ]

    Fisioloxía que se aplica aos animais en xeral, desenvolvendo aspectos relacionados co tratamento de diversas enfermidades.

  3. fisioloxía celular [FISIOL ]

    Parte da fisioloxía que estuda as funcións da célula.

  4. fisioloxía comparada [FISIOL ]

    Parte da fisioloxía que estuda unha determinada función orgánica comparativamente ao longo de toda a filoxénese.

  5. fisioloxía ecolóxica [FISIOL ]

    Disciplina que estuda as funcións dos organismos a nivel de ecosistema, investigando o porqué das necesarias adaptacións a medios variables no plano fisiolóxico.

  6. fisioloxía etolóxica [FISIOL ]

    Disciplina que estuda a resposta adaptativa do animal fronte a estímulos ambientais e axuda a coñecer os mecanismos polos que se determina o comportamento.

  7. fisioloxía patolóxica [FISIOL ]

    Ciencia que estuda as funcións alteradas dun organismo enfermo. OBS: Tamén se denomina fisiopatoloxía.

  8. fisioloxía vexetal [FISIOL/BOT ]

    Parte da fisioloxía que ten como obxecto de estudo os organismos vexetais. Considera principalmente os fenómenos de crecemento, o metabolismo e as interaccións co medio e os outros organismos. OBS: Tamén se denomina fitofisioloxía.

  9. fisioloxía xeral [FISIOL ]

    Disciplina científica que estuda os mecanismos encimáticos, a creación e a liberación de enerxía no organismo, considerado como un todo.