fío

fío

lat filu

Plural: fíos
  1. s m

    Corpo de estrutura lineal, flexible e de lonxitude indeterminada, que é o resultado do tratamento dunha fibra téxtil e que se emprega para coser, tecer ou bordar.

  2. s m
    1. Fibra de liño ou cánabo.

    2. Tecido de liño ou cánabo.

    3. Conxunto de roupas feitas con liño ou cánabo.

  3. s m

    Filamento de calquera material.

  4. s m

    Dirección que toman as fibras da urda dun tecido ou da madeira.

  5. s m

    Parte afiada dun instrumento cortante.

  6. s m

    Corrente moi delgada e continua dun líquido.

  7. s m [TECNOL ]

    Corpo metálico flexible, de forma capilar e de lonxitude indefinida, xeralmente recuberto por unha capa illante, empregada para conducir a electricidade.

  8. s m

    Desenvolvemento do discurso, do pensamento ou dunha acción.

  9. s m [MINERAL ]

    ea moi fina dun mineral.

  10. fío do lombo [ANAT/ANIMAL ]

    Liña de vértebras articuladas que sostén o esqueleto dos animais vertebrados.

  11. fío musical

    Instalación mediante a que se transmite a música ou o son desde unha unidade central a todos os espazos dunha edificación.

Sinónimos

Confrontacións

arame, cable, cuña, enchufe

Citas

  • A avoa aínda garda o fío que levou no seu enxoval
  • A costura seguía o fío da tea, Verniza a táboa no sentido do fío da madeira
  • As arañas constrúen as arañeiras cun fío pegañento
  • Caíalle un fío de suor pola fronte
  • Con esta tea de fío farei unhas cortinas
  • De cortar os ósos o coitelo perdeu todo o fío
  • Estaba tan débil que só podía falar cun fío de voz
  • Interrompéchesme e perdín o fío da explicación
  • O cigarro deixaba escapar un fío de fume
  • O seu pai moveu algúns fíos para conseguirlle ese posto
  • Precisa outro carrrete de fío para rematar de coser a saia, O vestido tiña bordados de fío de ouro

Refráns

  • Fío e agulla é media vestidura.

Palabras veciñas

finxidor -ra finximento finxir fío fiollo fiorde fiqh*