feixe

feixe

lat fasce

Plural: feixes
  1. s m
    1. Porción de cousas alongadas, polo xeral atadas, que se colocan paralelamente, especialmente palla, herba ou leña.

    2. [FÍS ]

      Corrente ou fluxo de partículas que seguen unha traxectoria unidireccional común e cunhas enerxías dun intervalo determinado.

    3. [ZOOL ]

      Grupo de fibras musculares ou nerviosas dispostas de xeito paralelo.

  2. s m
    1. Conxunto reunido de cousas ou persoas.

    2. [BOT ]

      Conxunto de elementos condutores dispostos de xeito concentrado. Normalmente están formados por vasos e tubos cribosos, amais doutras células acompañantes.

    3. [MAT ]

      Conxunto de superficies ou liñas da ecuación f+λϕ=0, onde f=0 e ϕ=0 son as ecuacións de dous elementos calquera do feixe, que se toman como xeratrices, e λ é un parámetro.

  3. feixe de vías [TECNOL ]

    Grupo de vías sensiblemente paralelas reunidas polos extremos mediante as correspondentes agullas.

  4. feixe piramidal [ANAT ]

    ía motriz neurolóxica que transmite os impulsos do cerebro ás neuronas motoras do tronco e das extremidades.

Citas

  • Escolmou un feixe de relatos para a antoloxía, Fixo un feixe de apreciacións sobre a natureza virtuosa do home, Na sala había un feixe de médicos
  • Fixeron un feixe de herba para levar ao lombo, Vai buscar un feixe de leña para a cociña de ferro
  • Fixo un feixe de roupa e marchou da casa

Frases feitas

  • A feixes. A moreas, todo xunto. Ex: A xente entrou a feixes no local.

  • Agarrar a feixe. Coller de algo todo o que se pode abarcar cos brazos.

Palabras veciñas

feito -ta feitura feiturada feixe feixó feixón fel