fatal

fatal

lat fatāle

Plural: fatais
  1. adx

    Que está determinado polo fado ou o destino.

  2. adx
    1. Que é funesto ou de grandes consecuencias.

    2. Que causa a morte.

  3. adx

    Que é moi malo.

  4. adx

    Que produce infelicidade ou desgraza.

  5. adv

    Moi mal.

Citas

  • A morte é o destino fatal de todo ser vivo
  • Aquel erro fatal provocou a morte de moitas persoas civís
  • Ás tres da tarde produciuse o fatal desenlace
  • Como estudiante é fatal
  • Cumpriuse o prazo fatal e tiveron que decidir se quedaban ou marchaban
  • Non ten xeito, baila fatal
  • Sufría un amor fatal por alguén que non a merecía