almanaque

almanaque

ár al-manāj lat manāchu ‘círculo dos meses’

Plural: almanaques
  1. s m

    Conxunto de follas en que se rexistran a totalidade dos días do ano acompañado de datos astronómicos, prognósticos meteorolóxicos e datos das festas e feiras.

  2. almanaque náutico [MAR ]

    Publicación en que se atopan tabulados en función do día, hora e meridiano de Greenwich, todos os elementos variables dos astros que son necesarios para a navegación astronómica.

  3. almanaque aéreo [AERON ]

    Almanaque náutico adaptado ás necesidades da navegación aérea.

Sinónimos

Confrontacións

axenda

Palabras veciñas

almalla almallar almallo almanaque almandía almandino almártega