allo

allo

lat alĭu

Plural: allos
  1. s m [PLANTA ]

    Planta herbácea vivaz, da familia das liliáceas, que ten un bulbo arredondado e comestible, denominado cabeza, composto por numerosas unidades, chamadas dentes.

  2. allo bravo [PLANTA ]

    Planta herbácea, da familia das liliáceas, vivaz de bulbo aovado e flores rosadas.

  3. allo macho [PLANTA ]

    Allo cultivado que presentan un bulbo sen división en dentes, semellando unha pequena cebola.

  4. allo porro [PLANTA ]

    porro.

Frases feitas

  • Ser coma un allo. Ser unha persoa esperta e espelida.

  • Estar ou andar no allo. Ter co

Refráns

  • A bo allo, bo tallo.
  • Allo cro e viño novo sempre atopan acomodo.
  • Cada día de xaneiro perde un allo o alleiro.
  • Cantos días pasen de xaneiro, tantos allos perde o alleiro.
  • En xaneiro pon o alleiro.
  • O que queira ter bo alleiro semente allos en xaneiro.
  • Onde allos hai, cebolas se collen.
  • Onde allos hai, viño haberá.
  • Os allos en Nadal, nin nados nin por sementar.
  • Quen queira ter allo fino, que o poña polo san Martiño.
  • Se queres ter bo alleiro, planta os allos en xaneiro.
  • Sementa bo allo e terás bo tallo.

Palabras veciñas

alleira alleiro alleo -a allo alma alma mater* almacén