alleo -a

alleo -a

lat aliēnu, derivado de alĭu ‘outro’

Plural: alleos Masculino: alleo Masculino plural: alleos Feminino: allea Feminino plural: alleas
  1. adx

    Que pertence a outra persoa, lugar ou cousa. Tm s.

  2. adx

    Que resulta estraño, que non ten relación ou parte cunha persoa ou cousa. Tm s.

Citas

  • As persoas alleas a esta asociación deben abandonar a sala de xuntanzas
  • Este é un dato alleo ao informe que nós presentamos, ¡Ti quedas co teu, non collas o alleo!
  • O presidente mantívose alleo ás críticas da oposición, Estaba alleo ao que acontecía no interior da sala
  • O teu comportamento é completamente alleo a nós

Palabras veciñas

allegro* alleira alleiro alleo -a allo alma alma mater*