extensión

extensión

lat extensĭōne

Plural: extensións
  1. s f

    Acción e efecto de estender ou estenderse.

  2. s f
    1. Espazo que ocupa algunha cousa.

    2. Superficie de terreo.

  3. s f

    Tempo que dura algo.

  4. s f

    Movemento polo que se estende un membro do corpo.

  5. s f

    Liña telefónica interna que depende dunha central.

  6. s f [FILOS ]

    Propiedade da materia de estar situada no espazo e ocupar unha porción determinada do mesmo.

  7. s f [FILOS ]

    Clase dos obxectos respecto aos que un termo é verdade.

  8. s f [FILOS ]

    Conxunto de individuos comprendidos nunha idea.

    1. s

      Número de seres aos que un nome pode ser aplicado.

    2. extensión de significado

      Proceso semántico que se produce nunha palabra que perde o seu significado orixinario e adopta o doutro concepto, normalmente máis xeral.

  9. s f
    1. Parte do nome dun arquivo que, formado por tres ou catro letras separadas por un punto do resto dos caracteres, indica de qué tipo de arquivo se trata.

    2. Arquivo que funciona como parte do sistema operativo Mac OS para engadirlle a este capacidades adicionais ou personalizar o seu uso.

Antónimos

Citas

  • Debido á súa longa extensión, a película facíase pesada
  • Fixo exercicios de flexión e extensión das pernas
  • O artigo pode ter unha extensión superior aos trinta mil caracteres
  • Posúen grandes extensións dedicadas ao cultivo do millo