expediente

expediente

lat expedĭente, p pres de expedīre ‘convir, dar curso’

Plural: expedientes
  1. s m

    Conxunto de actuacións ou trámites sobre un negocio, oficina ou asunto determinado.

  2. s m

    Conxunto de cualificacións dun estudante ou relación de actividades e méritos que xuntou unha persoa ou empregado.

  3. s m [DER ]

    Investigación ou procedemento administrativo en que se xulga a actuación de alguén ou as supostas irregularidades que cometeu no exercicio da súa profesión ou actividade.

Citas

  • Abriulle un expediente por chegar todos os días tarde
  • Acordaron reabrir os expedientes sobre o desfalco
  • O director presentou o expediente de regulación da empresa
  • O seu expediente era o mellor para conseguir a bolsa no estranxeiro

Frases feitas

  • Abrir un expediente. Investigar o comportamento ou a actuaci