exercicio
exercicio
lat exercitĭu
-
s
m
Acción de exercer.
-
s
m
Práctica que ten por obxectivo a adquisición, o desenvolvemento ou a conservación dunha determinada facultade ou actitude.
-
s
m
Conxunto organizado de movementos corporais racionalmente concibidos e dispostos para conseguir un desenvolvemento muscular ou un bo estado físico.
-
s
m
-
Período legal dun presuposto de ingresos e gastos.
-
Período de tempo, que xeralmente coincide cun ano natural, en que se fracciona a actividade económica dunha empresa coa intención de valorala a efectos económicos e contables e de medir os resultados.
-
-
exercicios espirituais
[RELIX ]
Conxunto de actividades relixiosas encamiñadas a obter unha mellora espiritual.
Citas
- De cada lección realizaban exercicios teóricos e prácticos
- O primeiro exercicio da oposición consistía nun suposto práctico
- Realizou uns exercicios de estiramento antes de se pór a xogar
- Todas as mañás fai media hora de exercicio
Frases feitas
-
En exercicio loc adx Que exerce.