exercicio

exercicio

lat exercitĭu

Plural: exercicios
  1. s m

    Acción de exercer.

  2. s m

    Práctica que ten por obxectivo a adquisición, o desenvolvemento ou a conservación dunha determinada facultade ou actitude.

  3. s m

    Conxunto organizado de movementos corporais racionalmente concibidos e dispostos para conseguir un desenvolvemento muscular ou un bo estado físico.

  4. s m
    1. Período legal dun presuposto de ingresos e gastos.

    2. Período de tempo, que xeralmente coincide cun ano natural, en que se fracciona a actividade económica dunha empresa coa intención de valorala a efectos económicos e contables e de medir os resultados.

  5. exercicios espirituais [RELIX ]

    Conxunto de actividades relixiosas encamiñadas a obter unha mellora espiritual.

Citas

  • De cada lección realizaban exercicios teóricos e prácticos
  • O primeiro exercicio da oposición consistía nun suposto práctico
  • Realizou uns exercicios de estiramento antes de se pór a xogar
  • Todas as mañás fai media hora de exercicio

Frases hechas

  • En exercicio loc adx Que exerce.