excepción

excepción

lat exceptĭōne

Plural: excepcións
  1. s f

    Aquilo que se aparta da norma establecida ou do que é común para os da súa especie.

    1. s

      Título ou motivo xurídico que alega o demandado en oposición á acción planeada polo demandante.

    2. excepción dilatoria

      Excepción legal que obriga á suspensión temporal do xuízo ata que sexa resolta.

    3. excepción perentoria

      Excepción que se alega no xuízo, no trámite de contestación á demanda, e que se resolve na sentenza definitiva.

    4. excepción prexudicial

      Excepción que se produce contra o actor, en que se alega que este non é parte lexítima para a interposición da demanda.

Confrontacións

excelente

Citas

  • A chuvia no deserto é un caso excepcional
  • Eses cadros son dunha importancia excepcional, Ese rapaz ten unha memoria excepcional para as datas

Refráns

  • Da ovella branca nace un año negro.
  • Da ovella negra nace un año branco.
  • De pai santo, fillo diaño.