excéntrico -ca

excéntrico -ca

ex- + céntrico

Plural: excéntricos Masculino: excéntrico Masculino plural: excéntricos Feminino: excéntrica Feminino plural: excéntricas
  1. adx
    1. Que se desvía ou afasta do centro.

    2. Que non ten o mesmo centro ca outra cousa.

    1. adx

      Que se afasta do comportamento común. Tm s, referido a persoa.

    2. adx

      Que é propio dun excéntrico.

    1. adx

      Aplícase á peza que xira arredor dun eixe que non pasa polo seu centro.

    2. mecanismo de excéntrica

      Mecanismo de transmisión de movemento entre dous elementos ríxidos, en que o elemento condutor transmite ao conducido un movemento alternativo de translación ou de rotación segundo unha lei determinada.

  2. s m [ASTRON ]

    Cada un dos círculos imaxinarios sobre os que, segundo algunhas teorías xeocéntricas, se moven os astros arredor da Terra.

Confrontacións

extravagante

Citas

  • Debuxei dúas circunferencias excéntricas
  • Ese rapaz ten un gusto moi excéntrico para vestir
  • Os concertos dese músico tan excéntrico son imprevisibles
  • Por esa zona están os barrios excéntricos da cidade