estrixiforme

estrixiforme

lat estríxido + -forme

Plural: estrixiformes
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos estrixiformes.

  2. s m [ANIMAL/ORNIT ]

    Ave da familia dos estrixiformes.

  3. s m pl [ANIMAL/ORNIT ]

    Orde de aves que se caracteriza por presentar adaptación á depredación nocturna, xa que pode ver as presas a baixas intensidades lumínicas e pescozos moi flexibles, que lles permiten rotar a cabeza 270°. Para anular calquera son, as plumas de voo teñen o bordo posterior cunha extremidade pilosa. Os oídos localízanse en disposición asimétrica, co que identifican mellor a dirección e a distancia.

Palabras veciñas

estripo estrito -ta estríxido -da estrixiforme estríxil estro estrobar