estrixiforme
estrixiforme
lat estríxido + -forme
-
adx
Relativo ou pertencente aos estrixiformes.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT ]
Ave da familia dos estrixiformes.
-
s
m pl
[ANIMAL/ORNIT ]
Orde de aves que se caracteriza por presentar adaptación á depredación nocturna, xa que pode ver as presas a baixas intensidades lumínicas e pescozos moi flexibles, que lles permiten rotar a cabeza 270°. Para anular calquera son, as plumas de voo teñen o bordo posterior cunha extremidade pilosa. Os oídos localízanse en disposición asimétrica, co que identifican mellor a dirección e a distancia.