estearina
estearina
gr στέαρ ‘graxa’
s
f
[QUÍM ]
Substancia que forma parte da maioría das graxas sólidas vexetais e animais, especialmente do sebo. Emprégase na fabricación de candeas e xabóns, no puído de metais e tamén como impermeabilizante en industrias téxtiles e papeleiras. OBS: Tamén se denomina triestearina.