estamento

estamento

lat v stamentu

Plural: estamentos
  1. s m

    Grupo social homoxéneo en función da súa profesión, clase social ou estilo de vida.

    1. s

      Grupo social do Antigo Réxime, cunha mesma situación xurídica, que os facía partícipes ou non dunha serie de privilexios, os privilexiados eran o nobiliario e o eclesiástico, e o non privilexiado, o pobo.

    2. s

      Nome que recibían cada un dos estados que concorrían ás Cortes nas Coroas de Castela e Aragón.

    3. estamento de próceres

      Corpo lexislativo establecido en España polo Estatuto Real de 1834, que estaba constituído polos membros da alta nobreza e as persoas designadas polo monarca.

    4. estamento de procuradores

      Corpo lexislativo establecido en España polo Estatuto Real de 1834. Os seus membros escollíanse por sufraxio censatario e só tiñan dereito de deliberación e petición.

Citas

  • O estamento eclesiástico criticou a medida do goberno