esquema

esquema

lat schema gr σχ ῆ μα ‘forma, figura’

Plural: esquemas
  1. s m

    Resumo de algo no que se recollen as súas liñas básicas ou as características máis salientables dunha idea, proxecto ou explicación.

  2. s m

    Debuxo ou representación gráfica que se fai para dar idea dunha cousa e no que se atende aos seus caracteres esenciais.

    1. s

      Forma baixo a que se representa un concepto intelectual.

    2. esquema conceptual

      Conxunto de conceptos e proposicións que achegan o marco para describir e explicar elementos dunha determinada materia e os criterios para recoñecer os fenómenos anómalos e necesitados de explicación.

    3. esquema transcendental

      Representación intermediaria, na filosofía de I. Kant, entre o fenómeno e as categorías.

  3. esquema de coñecemento [PSIC/PEDAG ]

    Estruturación mental dunha aprendizaxe.

  4. esquema eléctrico [FÍS ]

    Plano das liñas de conexión e das conexións entre os distintos elementos, representados por símbolos convencionais normalizados que constitúen un circuíto ou un conxunto de circuítos eléctricos.

Confrontacións

esbozo

Citas

  • Fixo un esquema do traballo que tiña que facer
  • Fíxonos un esquema para poder chegar ao sitio, O esquema representa a órbita dos planetas
  • Ó rematar de estudiar o tema fixo un esquema para recordalo