esquecer

esquecer

lat v *excadescĕre, de excaděre, ‘caer’

  1. v t
    1. Deixar alguén de ter algo na memoria.

    2. Deixar de ter algo ou a alguén en conta.

  2. v t

    Deixar alguén de ter afecto por algo ou por outra persoa.

  3. v i

    Non vir á memoria.

  4. v i

    Non ser algo ou alguén obxecto do afecto dunha persoa.

  5. v i

    Non ter algo en conta.

  6. v pron

    Deixar de ter algo na memoria.

  7. v pron

    Deixar de ter ou sentir afecto por algo ou por alguén.

  8. v pron

    Deixar de ter algo en conta. OBS: A vogal radical tónica do presente de indicativo é sempre aberta

Citas

  • Des que é rico esquecéronlle os amigos
  • Esquece ese comentario, porque se fixo sen intención
  • Esquecéronlle as encargas
  • Esqueceuse de todo o que che prometera, Esquecinme das chaves do coche
  • Esquecín cómo se chamaba, Esqueceu comprar o pan
  • Perdooulle aquela ofensa, pero non se esqueceu dela
  • Por moito que fagas por el todo lle esquece
  • Xa esqueceu o seu último mozo
  • Xa se esqueceu daqueles xoguetes, e xa non mira para eles

Formas incorrectas

olvidar

Refráns

  • Co tempo todo se esquece.
  • Coas glorias fóronse as memorias.
  • Esquece a quen te esquece, que ben cho merece.
  • Nin todo se debe esquecer, nin todo se debe querer.
  • Non se acorda a sogra que foi nora.
  • Non se acorda o señor cura de cando foi sancristán.
  • O esquecemento é ás veces o pai do remordemento.
  • O que de si mesmo se esquece, sete tundas ao día merece.
  • O que é esquecido, non pode ser agradecido.
  • Quen logo esquece, axiña arrece.
  • Todo o que pensa a onde vai ten que esquecer de onrl:e vén.
Conxugar
VERBO esquecer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esquezo
esqueces
esquece
esquecemos
esquecedes
esquecen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esquecía
esquecías
esquecía
esqueciamos
esqueciades
esquecían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esquecín
esqueciches
esqueceu
esquecemos
esquecestes
esqueceron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esquecera
esqueceras
esquecera
esqueceramos
esquecerades
esqueceran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esquecerei
esquecerás
esquecerá
esqueceremos
esqueceredes
esquecerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esquecería
esquecerías
esquecería
esqueceriamos
esqueceriades
esquecerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esqueza
esquezas
esqueza
esquezamos
esquezades
esquezan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esquecese
esqueceses
esquecese
esquecesemos
esquecesedes
esquecesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esquecer
esqueceres
esquecer
esquecermos
esquecerdes
esqueceren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
esquece
-
-
esquecede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esquecer
esqueceres
esquecer
esquecermos
esquecerdes
esqueceren
Xerundio esquecendo
Participio esquecido
esquecida
esquecidos
esquecidas