espiña
espiña
lat spina
-
s
f
[BOT ]
Apéndice agudo, duro, ríxido, lignificado e con tecido vascular, que presentan algunhas plantas.
-
s
f
[ZOOL ]
Parte esquelética, dura e puntiaguda, que posúen moitos animais, destinada a formar parte do seu esqueleto e que lles serve para protexerse.
-
s
f
[ANAT ]
Apófise ósea longa e delgada.
-
s
f
[PAT ]
Masa pequena de materia sebácea que obtura o conduto excretor dunha glándula sebácea cutánea e que crea un ambiente propicio para o desenvolvemento da acne.
-
s
f
Cousa que produce unha gran dor moral.
-
espiña bífida
[PAT ]
Deformación conxénita que consiste nunha fisura da raque, debido á falta de soldadura dos arcos vertebrais.
-
espiña dorsal
[ANAT ]
columna.
Sinónimos
Refráns
- Non saques espiñas onde non hai espigas.
- O que deixa a espiña no dedo, pode perdelo máis tarde ou máis cedo.