esparganiáceo -a
esparganiáceo -a
esparganio + -áceo
-
adx
Relativo ou pertencente ás esparganiáceas.
-
s
f
[PLANTA ]
Herbácea da familia das esparganiáceas.
-
s
f pl
[PLANTA ]
Familia de plantas perennes, da orde das tifais, composta unicamente polo xénero Sparganium. Habitan en medios húmidos e acuáticos, e caracterízanse por ter rizomas desenvolvidos e con escamas, talos erectos, follas lineais planas ou de sección triangular e flores unisexuais monoicas de periantio trímero, dispostas en inflorescencias, as masculinas nos glomérulos superiores e as femininas nos inferiores.