esparaván

esparaván
Plural: esparaváns
  1. s m [VETER ]

    Tumor osificado que se forma na rexión da xuntura tarsal das extremidades posteriores dos cabalos e que lles impide o movemento da parte inferior destas.

  2. s m

    Cuarto ou casa grande mal conservada.

  3. s m

    Moble grande e desproporcionado.

  4. s m

    Terreo de cultivo grande, de mala calidade ou ruín.

  5. s m

    Persoa moi alta, xeralmente sen garbo ou elegancia.

  6. s m

    Persoa ou animal pouco xeitoso ou desproporcionado.

  7. s m

    Xesto ou xeito propio dunha persoa pouco equilibrada.

  8. s m

    Cousa sen ningún xeito ou forma.