escusar

escusar

lat excūsāre ‘desculpar, xustificar’

  1. v t
    1. Presentar motivos ou razóns para xustificar algo ou a alguén.

    2. Servir de escusa ou pretexto para algo.

  2. v t

    Perdoar ou considerar libre de culpa unha acción ou palabra.

  3. v i

    Non ser necesaria ou útil algunha cousa.

  4. v pron
    1. Xustificar con razóns unha acción ou omisión.

    2. Presentar escusas por ter ofendido ou molestado a alguén.

Sinónimos

Citas

  • Ela sempre escusa as falcatruadas da súa filla
  • Escusas (de) falar con el porque non vai escoitar
  • Escusou a súa ausencia na voda por motivos de traballo
  • Escusouse de non asistir á inauguración da mostra
  • Escusouse por non poder avisar da súa tardanza
  • Ser o teu propio xefe non te escusa de ter que traballar
Conxugar
VERBO escusar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escuso
escusas
escusa
escusamos
escusades
escusan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escusaba
escusabas
escusaba
escusabamos
escusabades
escusaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escusei
escusaches
escusou
escusamos
escusastes
escusaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escusara
escusaras
escusara
escusaramos
escusarades
escusaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escusarei
escusarás
escusará
escusaremos
escusaredes
escusarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escusaría
escusarías
escusaría
escusariamos
escusariades
escusarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escuse
escuses
escuse
escusemos
escusedes
escusen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escusase
escusases
escusase
escusasemos
escusasedes
escusasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escusar
escusares
escusar
escusarmos
escusardes
escusaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
escusa
-
-
escusade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escusar
escusares
escusar
escusarmos
escusardes
escusaren
Xerundio escusando
Participio escusado
escusada
escusados
escusadas