escusado -da

escusado -da
Plural: escusados Masculino: escusado Masculino plural: escusados Feminino: escusada Feminino plural: escusadas
  1. p reg

    escusar.

  2. adx

    Que é inútil para o fin que se desexa.

  3. s m [HIST ]

    Tributario que se escusaba de pagar ao señor ou ao rei, xa que se pagaba directamente á persoa ou comunidade á que se lle concedera o privilexio.

  4. s m [HIST ]

    Labrego escollido polo rei para que lle cobrase e pagase os décimos.

  5. s m [HIST ]

    Dereito que tiña a Facenda Real para escoller, entre as casas dunha parroquia, a casa que pagaría o décimo ao rei en vez da Igrexa.

  6. s m [HIST ]

    Cantidade que as casas do décimo rendían.

  7. s m [HIST ]

    Tribunal en que se resolvían os preitos relacionados coas casas do décimo.

  8. s m [HIST ]

    Imposto concedido polo papa á monarquía hispánica (1567), en substitución da cruzada, que se aboliu en 1851.

Palabras veciñas

escusa escusábel escusable escusado -da escusar escutelo escutiforme