equivalencia
equivalencia
equivalente
-
s
f
Calidade de equivalente.
-
equivalencia acústica
[LING ]
Confusión entre dúas ou máis realizacións fonemáticas que teñen, polo menos, un trazo distintivo común, de punto ou de modo de articulación, e que explican algunhas evolucións diacrónicas anómalas.
-
relación de equivalencia
[MAT ]
Relación binaria entre os elementos dun conxunto que permite establecer unha clasificación destes elementos de tal maneira que quede cada un nunha clase, denominada de equivalencia, e estas clases non teñan ningún elemento común.
-
equivalencia funcional
[LING ]
Relación de igualdade funcional que se dá entre dous ou máis membros oracionais que poden intercambiarse a causa da súa función común sen que os seus valores semánticos ou estilísticos sexan necesariamente idénticos, e que é sempre viable dentro dun contexto determinado.