entrar

entrar

lat intrāre

  1. v i

    Pasar algo ou alguén ao interior dun lugar.

  2. v i

    Introducirse ou penetrar unha cousa no interior doutra.

  3. v i

    Caber unha cousa ou unha persoa por un sitio.

  4. v i

    Ser alguén admitido nun lugar.

  5. v i

    Estar no inicio dun período temporal.

  6. v i

    Formar parte ou estar na constitución ou composición de algo.

  7. v i

    Intervir ou tomar parte en algo.

  8. v i

    Pasar a estar nun tempo, nunha situación ou estado.

  9. v i

    Comezar a notarse certa sensación.

  10. v i

    Ser asimilado e entendido algo pola mente.

  11. v i [INFORM ]

    Executar unha operación ou iniciar unha aplicación.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A lei entrou en vigor, O enfermo entrou en coma, Non entra en razón, Entrou en calor ao meterse na cama
  • As matemáticas non lle entran
  • De seguida entrarei nese tema, Non entro na conversa
  • Entramos ás 7:30 da mañá
  • Entrei no portal porque chovía, Entramos na cidade polo sur
  • Entrou nunha grave depresión, Entroulle fame
  • Estas preguntas non forman parte do exame
  • Hoxe entra o verán, Entrou na pubertade, O seu pai entra nos cincuenta
  • No caldo entra todo o que lle queiras botar
  • Non deixo que esa xente entre na miña casa
  • Non sei cántas patacas entran nun quilo
  • Non sei en qué cabeza entra facer o que ti fixeches
  • O ano vindeiro entrarán no exército, Entrou nunha secta, Entrou na empresa familiar
  • O coche novo non entra pola porta do garaxe, O anel xa non me entra no dedo
  • O cravo non entrou na táboa, Esta chave non entra na pechadura
  • O exército inimigo entrou na cidade
  • O ladrón entrou pola ventá

Frases feitas

  • Entrar/Pasar polo aro. Transixir.

Refráns

  • Ende falando do ruÍn en Roma, axiña asoma.
Conxugar
VERBO entrar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entro
entras
entra
entramos
entrades
entran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entraba
entrabas
entraba
entrabamos
entrabades
entraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entrei
entraches
entrou
entramos
entrastes
entraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entrara
entraras
entrara
entraramos
entrarades
entraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entrarei
entrarás
entrará
entraremos
entraredes
entrarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entraría
entrarías
entraría
entrariamos
entrariades
entrarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entre
entres
entre
entremos
entredes
entren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entrase
entrases
entrase
entrasemos
entrasedes
entrasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entrar
entrares
entrar
entrarmos
entrardes
entraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
entra
-
-
entrade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entrar
entrares
entrar
entrarmos
entrardes
entraren
Xerundio entrando
Participio entrado
entrada
entrados
entradas