enriquecemento
enriquecemento
enriquecer
-
s
m
Acción de enriquecer ou enriquecerse.
-
s
m
[ALIM ]
Incorporación de substancias, principalmente vitaminas, sales minerais e aminoácidos, aos alimentos para elevar o seu valor nutritivo.
-
s
m
[QUÍM ]
Proceso que se realiza para incrementar a proporción en que se presenta un compoñente dunha mestura, en detrimento dos outros.
Refráns
- a conto é que eu teña, veña de onde veña.
- A dar ninguén se pon rico.
- a que merca e fía, non mercará leiras nin viñas.
- a que queira crecer sen se botar a perder, ten moito que saber e que aprender.
- a que queira ser rico, que queime o carabullo polo bieo.
- a rabusco non enriquece.
- ante vaqueiro e hoxe cabaleiro.
- Cando ao mín fan señor, non hai coitelo peor.
- Co rabusco non se medra.
- En gando tratarás e medrarás.
- Hoxe cabaleiro e onte porqueiro.
- Merca barato e vende caro, verás como creces de contado.
- Ninguén entre no ben, senón mirando como ha saÍr del.
- Non crece o río con auga limpa.
- Non dea Deus tanto ben aos amigos, que nos descoñeza.
- Non pidas a quen pediu nin sirvas a quen serviu.
- Non sirvas a quen serviu nin mandes a quen mandou.
- Non sirvas a quen serviu nin pidas a quen pediu.
- Non sirvas a quen serviu nin roubes a quen roubou.
- Non trates con rico empobrecido nin con pobre enriquecido.