voda
voda
lat vōta
-
s
f
Cerimonia en que dúas persoas contraen matrimonio.
-
s
f
Festa con que se celebra un casamento.
-
vodas de ouro
Celebración dos cincuenta anos de matrimonio.
-
vodas de prata
Celebración dos vinte e cinco anos de matrimonio.
Formas incorrectas
bodaRefráns
- A que vai á voda e non baila, mellor é que á voda non vaia.
- A voda do ferreiro cada un vai co seu diñeiro.
- A voda dos pobres todo é voces.
- Aínda comen agora do pan da voda, que enche e non engorda.
- As vodas dos gatos a berros polos tellados.
- Casamento con foguetes acaba con moquetes.
- Día de casamento, día de contento.
- Na voda quen menos come é a noiva.
- Nin voda pobre nin mortalla rica.
- Nin voda sen namoros nin enterro sen choros.
- Nin voda triste nin enterro alegre.
- Non botes na voda foguetes, que logo podes andar aos moquetes.
- Non hai voda sen tornavoda.
- Non lle vaias á voda ao que non che roga.
- Non pode haber voda, se non hai noivo e noiva.
- O día da voda deixade a noiva que se compoña.
- O que non se fai na voda, non se fai a toda hora.
- O que non vén á voda non vén a toda hora.
- Todos cantan na voda, menos a noiva, que esa quere rir e chora.
- Voda boa ou voda mala, o martes na túa casa.
- Voda de pobres, pouca carne e moitas voces.
- Voda e mortalla do ceo baixa.
- Voda e romaría non é para cada día.
- Voda saca voda.
- Voda tira loito.
- Vodas largas, barallas novas.