enfermidade
lat infirmĭtāte
-
-
s
Estado de anormalidade funcional ou estrutural nun ser vivo.
-
enfermidade carencial
Enfermidade ocasionada pola falta na dieta dun composto necesario para o normal desenvolvemento fisiolóxico.
-
enfermidade de Alzheimer
Enfermidade dexenerativa do sistema nervioso central que representa o tipo máis frecuente de demencia presenil. Remata con trastornos neurolóxicos, demencia total, caquexia e morte do individuo.
-
enfermidade de Creutzfeldt-Jacob
Encefalopatía esponxiforme transmisible (EET) que afecta ao sistema nervioso central, que aparece na idade adulta, e que é causada por unhas proteínas con capacidade infectiva ou prións. OBS: Tamén se denomina encefalopatía esponxiforme humana.
-
enfermidade de Crohn
enterite rexional.
-
enfermidade de Haff
Desorde gastrointestinal que se produce por unha substancia antitiamínica (antivitamina B 1 ), que está presente nas vísceras dos peixes e está relacionado coa inxesta das vísceras ou polo consumo do peixe mal cociñado.
-
enfermidade de Hodgkin
Linfoma que se caracteriza pola presenza de linfocitos atípicos de gran volume con diversos núcleos e nucleolos prominentes.
-
enfermidade de Minamata
Neuropatía que se produce por inxestión de peixe contaminado con metilmercurio.
-
enfermidade de Paget
Carcinoma da mama, de tipo canicular, que se manifesta cunha lesión indurada e escamosa ou ulcerada na mamila.
-
enfermidade de Parkinson
Doenza de etioloxía descoñecida, que se caracteriza por unha rixidez muscular e unha hipertonía extrapiramidal, perda dos movementos automáticos primarios, tremor, palilalia, sialorrea e labilidade emocional. O curso é crónico e progresivo.
-
enfermidade de Peyronie
Inflamación e induración dos corpos cavernosos do pene.
-
enfermidade de Pick
Forma de demencia presenil que se debe a unha atrofia cerebral que se localiza nos lóbulos frontal e temporal.
-
enfermidade de Rendu-osler
Enfermidade hereditaria de transmisión autosómica dominante, que afecta á pel e as mucosas e que se caracteriza pola presenza de telanxiéctase. OBS: Tamén se denomina telanxiéctase hereditaria.
-
enfermidade de Ritter
Enfermidade da pel, propia dos neonatos, que consiste na formación de vexigas e na aparición dunha eritrodermia exfoliativa dolorosa.
-
enfermidade de Wilson
Enfermidade hereditaria autosómica recesiva que é ocasionada pola ausencia de capacidade hepática na excreción do cobre cara a bile.
-
enfermidade hemorráxica vírica
Enfermidade que se orixina por un virus que cursa con febre e provoca hemorraxias.
-
enfermidade idiopática
Enfermidade de causa descoñecida.
-
enfermidade infecciosa/contaxiosa
Enfermidade que se pode transmitir dun individuo a outro por contacto físico ou mediante vectores.
-
enfermidade profesional
Enfermidade que ten a súa orixe no exercicio dunha profesión e que é común entre os que a desempeñan.
-
enfermidade pulmonar obstrutiva crónica []
Cadro clínico que se caracteriza pola obstrución permanente do fluxo de aire nos pulmóns.
-
s
-
s
f
Alteración que prexudica o funcionamento ou o estado de alguén ou de algo.
Citas
- O egoísmo é unha das enfermidades da sociedade
Refráns
- A enfermidade mortal nin médico nin menciña lle val.
- A mal mortal nin médico nin menciña lle val.
- a mozo enfermo, se non empeora, mellora.
- a que queira sanar debe dicir a enfermidá.
- A recaída fai perder moitas veces a vida.
- Cando o enfermo está na cama, nin de moito mal morre, nin de pouco sana.
- Cando o mal é de morte, o remedio é morrer.
- Coñece-Ia enfermidade é gran parte da saúde.
- Corpo que moito se ten que curar, pouco pode durar.
- Cousa do mal é non querer sanar.
- En mal de morte ningún médico ten sorteo
- Máis matá a aprensión que a enfermidade.
- Mal moi alongado, morte ao cabo.
- Mal que non ten cura, querelo curar é loucura.
- Morto non haxa, que achaque non falla.
- Nin de moito mal se morre nin de pouco escapa o que está na cama.
- Non é de agora aquel mal que non mellora.
- Non lle fai mal ao enfermo o caldo de galiña ou de pucheiro.
- Non me pesa do fillo que enfermou senón do mal vezo que tomou.
- Non me pesa polo que meu fillo enfermou, senón polo mal vezo que lle quedou.
- Non me pesa porque o meu fillo enfermou senón pola mala maña que lle quedou.
- Ó enfermo purgádeo, sangrádeo, acochádeo; e, se morre, enterrádeo.
- O mal largo, a morte ao cabo.
- O medo do enfermo pon medo ás veces ao médico.
- Ó que é de morte, a auga élle forte.
- Ó que enferma para morrer, ningún remedio lle pode valer.
- Para os enfermos do peito leite de burra é remedio feito.
- Peor é a recaída cá caída.
- Quen está a pucheiro, anda en tratos co sepultadeiro.
- Quen máis non pode co seu mal morreo
- Se as dores non matasen, ningunha dor sería grave.
- ¡ande poñan bo cabezal; alá vaias, mal!