enfermidade

enfermidade

lat infirmĭtāte

Plural: enfermidades
    1. s

      Estado de anormalidade funcional ou estrutural nun ser vivo.

    2. enfermidade carencial

      Enfermidade ocasionada pola falta na dieta dun composto necesario para o normal desenvolvemento fisiolóxico.

    3. enfermidade de Alzheimer

      Enfermidade dexenerativa do sistema nervioso central que representa o tipo máis frecuente de demencia presenil. Remata con trastornos neurolóxicos, demencia total, caquexia e morte do individuo.

    4. enfermidade de Creutzfeldt-Jacob

      Encefalopatía esponxiforme transmisible (EET) que afecta ao sistema nervioso central, que aparece na idade adulta, e que é causada por unhas proteínas con capacidade infectiva ou prións. OBS: Tamén se denomina encefalopatía esponxiforme humana.

    5. enfermidade de Crohn

      enterite rexional.

    6. enfermidade de Haff

      Desorde gastrointestinal que se produce por unha substancia antitiamínica (antivitamina B 1 ), que está presente nas vísceras dos peixes e está relacionado coa inxesta das vísceras ou polo consumo do peixe mal cociñado.

    7. enfermidade de Hodgkin

      Linfoma que se caracteriza pola presenza de linfocitos atípicos de gran volume con diversos núcleos e nucleolos prominentes.

    8. enfermidade de Minamata

      Neuropatía que se produce por inxestión de peixe contaminado con metilmercurio.

    9. enfermidade de Paget

      Carcinoma da mama, de tipo canicular, que se manifesta cunha lesión indurada e escamosa ou ulcerada na mamila.

    10. enfermidade de Parkinson

      Doenza de etioloxía descoñecida, que se caracteriza por unha rixidez muscular e unha hipertonía extrapiramidal, perda dos movementos automáticos primarios, tremor, palilalia, sialorrea e labilidade emocional. O curso é crónico e progresivo.

    11. enfermidade de Peyronie

      Inflamación e induración dos corpos cavernosos do pene.

    12. enfermidade de Pick

      Forma de demencia presenil que se debe a unha atrofia cerebral que se localiza nos lóbulos frontal e temporal.

    13. enfermidade de Rendu-osler

      Enfermidade hereditaria de transmisión autosómica dominante, que afecta á pel e as mucosas e que se caracteriza pola presenza de telanxiéctase. OBS: Tamén se denomina telanxiéctase hereditaria.

    14. enfermidade de Ritter

      Enfermidade da pel, propia dos neonatos, que consiste na formación de vexigas e na aparición dunha eritrodermia exfoliativa dolorosa.

    15. enfermidade de Wilson

      Enfermidade hereditaria autosómica recesiva que é ocasionada pola ausencia de capacidade hepática na excreción do cobre cara a bile.

    16. enfermidade hemorráxica vírica

      Enfermidade que se orixina por un virus que cursa con febre e provoca hemorraxias.

    17. enfermidade idiopática

      Enfermidade de causa descoñecida.

    18. enfermidade infecciosa/contaxiosa

      Enfermidade que se pode transmitir dun individuo a outro por contacto físico ou mediante vectores.

    19. enfermidade profesional

      Enfermidade que ten a súa orixe no exercicio dunha profesión e que é común entre os que a desempeñan.

    20. enfermidade pulmonar obstrutiva crónica []

      Cadro clínico que se caracteriza pola obstrución permanente do fluxo de aire nos pulmóns.

  1. s f

    Alteración que prexudica o funcionamento ou o estado de alguén ou de algo.

Citas

  • O egoísmo é unha das enfermidades da sociedade

Refranes

  • A enfermidade mortal nin médico nin menciña lle val.
  • A mal mortal nin médico nin menciña lle val.
  • a mozo enfermo, se non empeora, mellora.
  • a que queira sanar debe dicir a enfermidá.
  • A recaída fai perder moitas veces a vida.
  • Cando o enfermo está na cama, nin de moito mal morre, nin de pouco sana.
  • Cando o mal é de morte, o remedio é morrer.
  • Coñece-Ia enfermidade é gran parte da saúde.
  • Corpo que moito se ten que curar, pouco pode durar.
  • Cousa do mal é non querer sanar.
  • En mal de morte ningún médico ten sorteo
  • Máis matá a aprensión que a enfermidade.
  • Mal moi alongado, morte ao cabo.
  • Mal que non ten cura, querelo curar é loucura.
  • Morto non haxa, que achaque non falla.
  • Nin de moito mal se morre nin de pouco escapa o que está na cama.
  • Non é de agora aquel mal que non mellora.
  • Non lle fai mal ao enfermo o caldo de galiña ou de pucheiro.
  • Non me pesa do fillo que enfermou senón do mal vezo que tomou.
  • Non me pesa polo que meu fillo enfermou, senón polo mal vezo que lle quedou.
  • Non me pesa porque o meu fillo enfermou senón pola mala maña que lle quedou.
  • Ó enfermo purgádeo, sangrádeo, acochádeo; e, se morre, enterrádeo.
  • O mal largo, a morte ao cabo.
  • O medo do enfermo pon medo ás veces ao médico.
  • Ó que é de morte, a auga élle forte.
  • Ó que enferma para morrer, ningún remedio lle pode valer.
  • Para os enfermos do peito leite de burra é remedio feito.
  • Peor é a recaída cá caída.
  • Quen está a pucheiro, anda en tratos co sepultadeiro.
  • Quen máis non pode co seu mal morreo
  • Se as dores non matasen, ningunha dor sería grave.
  • ¡ande poñan bo cabezal; alá vaias, mal!