emisión
lat emissĭōne
-
s
f
Acción e efecto de emitir.
-
s
f
Cousa que se emite.
-
s
f
-
Liberación de enerxía radiante en forma de ondas electromagnéticas a velocidade practicamente equivalente á da luz e de lonxitude de onda constante para cada emisora, moduladas en amplitude ou en frecuencia e destinadas á transmisión dunha información.
-
Programa de radio ou televisión que se emite de forma ininterrompida.
-
-
-
s
Produción nun punto dado e transmisión ao espazo de materia ou de radiacións.
-
emisión de sincrotrón
Tipo de radiación non térmica, xerada por electróns e outras partículas cargadas que trazan espirais ao redor das liñas do campo magnético, case á velocidade da luz.
-
emisión electrónica
Liberación de electróns dunha superficie cara ao espazo que a rodea.
-
emisión estimulada
Liberación dunha onda producida pola acción dunha radiación sobre a emisión propia dun material.
-
emisión térmica
Radiación electromagnética producida por procesos relacionados coa calor.
-
s
-
-
s
Operación que consiste en poñer en circulación moeda, títulos, valores, efectos públicos, de comercio ou bancarios.
-
emisión de diñeiro
Creación e posta en circulación de cartos por parte do Estado.
-
emisión de títulos
Creación e posta á venda pública, de maneira directa ou a través dos bancos, de accións ou obrigacións por parte das empresas ou de títulos ou efectos públicos do Estado.
-
s
-
s
f
[FILAT ]
Conxunto de selos cun mesmo motivo que se poñen en circulación simultaneamente.