emisión

emisión

lat emissĭōne

Plural: emisións
  1. s f

    Acción e efecto de emitir.

  2. s f

    Cousa que se emite.

  3. s f
    1. Liberación de enerxía radiante en forma de ondas electromagnéticas a velocidade practicamente equivalente á da luz e de lonxitude de onda constante para cada emisora, moduladas en amplitude ou en frecuencia e destinadas á transmisión dunha información.

    2. Programa de radio ou televisión que se emite de forma ininterrompida.

    1. s

      Produción nun punto dado e transmisión ao espazo de materia ou de radiacións.

    2. emisión de sincrotrón

      Tipo de radiación non térmica, xerada por electróns e outras partículas cargadas que trazan espirais ao redor das liñas do campo magnético, case á velocidade da luz.

    3. emisión electrónica

      Liberación de electróns dunha superficie cara ao espazo que a rodea.

    4. emisión estimulada

      Liberación dunha onda producida pola acción dunha radiación sobre a emisión propia dun material.

    5. emisión térmica

      Radiación electromagnética producida por procesos relacionados coa calor.

    1. s

      Operación que consiste en poñer en circulación moeda, títulos, valores, efectos públicos, de comercio ou bancarios.

    2. emisión de diñeiro

      Creación e posta en circulación de cartos por parte do Estado.

    3. emisión de títulos

      Creación e posta á venda pública, de maneira directa ou a través dos bancos, de accións ou obrigacións por parte das empresas ou de títulos ou efectos públicos do Estado.

  4. s f [FILAT ]

    Conxunto de selos cun mesmo motivo que se poñen en circulación simultaneamente.