embarazo

embarazo

embarazar

Plural: embarazos
  1. s m

    Dificultade para a realización de algo.

  2. s m

    Turbación ou falta de soltura no que se está a realizar.

    1. s [FISIOL ]

      Estado da muller embarazada que comprende o período que vai desde a implantación do óvulo fecundado ata o parto, en que o embrión se nutre a expensas do organismo materno a través da placenta e que ten unha duración media de 40 semanas.

    2. embarazo ectópico [PAT ]

      Embarazo en que o embrión se desenvolve fóra da cavidade uterina.

    3. embarazo falso/espurio [PAT ]

      Estado patolóxico que simula un embarazo e que pode orixinar erros na diagnose. OBS: Tamén se denomina pseudociese.

    4. embarazo nervioso/histérico [PAT ]

      Fenómeno psicosomático caracterizado por un conxunto de signos físicos que evocan un embarazo, pero que se dan nunha paciente que non está realmente embarazada.

    5. proba de embarazo [BIOQ ]

      Proba inmunolóxica para detectar a presenza da hormona gonadotropina coriónica (HGC) nos ouriños da muller embarazada.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

pexa

Citas

  • A pesar dos anos sempre que actúa sente moito embarazo
  • Na administración non poñen máis ca embarazos á hora de pedir axudas

Refráns

  • A muller preñada, aos tres meses encobre e aos catro quere e non pode.
  • Á muller primeiriza, primeiro se lle coñece no peito que na barriga.
  • Cando o meniño endentence, axiña irmanece.
  • Cando un neno endentece, outro irmán remanece.
  • Enfermidade de nove meses nas mulleres cúrase antes dos dez meses.
  • Galiña choca ovos non pon.
  • O caldo das paridas non lle fai mal ás preñadas.
  • O ovo ben batido incha coma a muller co bo marido.
  • Parto inchado, parto abenzoado.
  • Se o teu fillo comeza a endentecer, xa podes arranxarte para outro fillo ter.