pexa
pexa
lat v *pĕdĕa lat pĕdĭca ‘lazo, trampa’
-
s
f
Corda, cadea ou peza de madeira que se lle pon a un animal, sobre todo nas patas, para que non escape.
-
s
f
Corda ou cadea que se lle pon a algo para evitar que sexa roubado.
-
s
f
Elemento que impide a realización normal dunha acción ou o seu desenvolvemento.
Sinónimos
Citas
- Esqueceuse de poñerlle a pexa á moto e roubáronlla
- Non puxeron ningunha pexa á nosa presenza