emanación

emanación

lat emanatĭōne

Plural: emanacións
  1. s f

    Acción de emanar.

  2. s f

    Cousa que emana de algo.

  3. s f [FILOS ]

    Proceso polo que un ser produce outro ser inferior como froito da propia abundancia e sen perder nada da súa perfección.

Confrontacións

efluvio, emisión, exhalación

Citas

  • Colleron mostras das emanacións do gas
  • Os productos químicos chegaron ao río por emanación