cortesía

cortesía

cortés

Plural: cortesías
  1. s f

    Calidade de cortés.

  2. s f [LING ]

    Estratexia racional de comunicación que o falante utiliza para evitar situacións de conflito e que consiste nun uso deferente da lingua.

Sinónimos

Confrontacións

urbanidade

Citas

  • A cortesía desa moza é algo que aprendeu da súa familia
  • Tras subscribirme enviáronme os dous primeiros exemplares por cortesía da empresa

Refráns

  • A cortesía custa pouco e vale moito.
  • A cortesía Deus a manda.
  • A cortesía é de quen a dá e non de quen a reciba.
  • A cortesía é señora do mundo.
  • A cortesía non priva a valentía.
  • A culler chea quere a boca baleira.
  • Á persoa maior non lle respondas Si, senón Si, señor.
  • Cortesía e falar ben custa pouco e viste ben.
  • Dar un ollo porque ao inimigo lle saquen outro.
  • Entre amigos e soldados, comprimentos excusados.
  • Non entres de romplón na casa allea; chama dende afora e espera.
  • Non metas as mans no prato antes que as meta o teu amo.
  • Onde se ha de obedecer é escusada a cortesía.
  • Pan adentado non se pon na mesa.
  • Pequeno fuches; grande vas; fágoche a cortesía e vólvome atrás.