ecuador

ecuador

lat aequātōre

Plural: ecuadores
  1. s m [MAT ]

    Círculo que corta perpendicularmente pola metade os meridianos dunha superficie de revolución.

    1. s

      Liña imaxinaria ao redor dun corpo celeste que xace nun plano que pasa polo centro do obxecto e é perpendicular ao seu eixe de rotación.

    2. ecuador celeste

      Círculo máximo da esfera celeste determinado pola intersección da devandita esfera cun plano perpendicular ao eixe do mundo.

    3. ecuador galáctico

      Círculo máximo da esfera celeste determinado pola intersección da devandita esfera cun plano perpendicular ao eixe que pasa a través dos polos galácticos.

  2. s m

    Lugar ou momento equidistante entre dous puntos.

  3. ecuador magnético [FÍS ]

    Liña ideal sobre a superficie terrestre onde a inclinación magnética é nula. OBS: Tamén se denomina liña aclínica.

  4. ecuador térmico [CLIMAT ]

    Liña de máximas temperaturas na superficie terrestre. A súa posición varía entre os 5° e os 10° N segundo a época do ano.

  5. ecuador terrestre [XEOG ]

    Liña imaxinaria que divide exactamente o planeta Terra en dúas metades e equidista dos polos N e S.

Citas

  • O traballo está neste momento no seu ecuador