eco

eco
Plural: ecos
  1. s m
    1. Fenómeno que consiste na reflexión de ondas sonoras por un obstáculo, de maneira que o oído recibe a onda reflectida cun certo atraso respecto á onda directa.

    2. Reflexión de ondas radioeléctricas que dá lugar a efectos de repetición dos sinais recibidos.

    3. Fenómeno análogo ao eco acústico polo que aparecen na pantalla do televisor unha ou máis imaxes parasitas desprazadas lateralmente respecto á principal.

    4. Aparición, na pantalla do aparato de radar, do punto luminoso correspondente á onda devolta por un branco.

  2. s m
    1. Son que se percibe de forma débil e confusa.

    2. Son que perdura na memoria.

  3. s m

    Noticia imprecisa dun suceso.

  4. s m

    Repercusión, efecto ou influencia de alguén ou algo.

  5. s m [LIT ]

    Artificio poético que consiste na repetición dos sons vocálicos e consonánticos finais a partir da derradeira sílaba acentuada dunha palabra, na seguinte palabra.

    1. s

      Repetición debilitada dunha frase musical ou dunha nota.

    2. s

      Repetición das derradeiras palabras ou sílabas cantadas por un coro a media voz.

    3. eco dun órgano

      Cuarto teclado manual do órgano que reproduce dunha maneira apagada os sons dos outros teclados.

  6. s m [PSIC ]

    Imitación ou repetición de movementos, palabras, xestos ou escritos.

  7. eco do pensamento [PSIC ]

    Fenómeno alucinatorio que consiste na percepción auditiva do propio pensamento, como se proviñese de fóra.

Frases feitas

  • Facerse eco de. Difundir unha noticia.