eclosión

eclosión

fr éclosion

Plural: eclosións
  1. s f [ZOOL ]

    Fenómeno que comprende a rotura e a saída do ovo dun animal en estado larvario ou xa ben desenvolvido.

  2. s f [BOT ]

    Acción de abrirse o gromo ou a flor dunha planta.

  3. s f [ENTOM ]

    Rotura e saída do casulo dun adulto tras a metamorfose.

  4. s f

    Manifestación súbita de algo inesperado ou novidoso.

Citas

  • Nesta década produciuse unha eclosión de manifestacións pacifistas
  • O tempo cálido fixo que se producise unha eclosión de flores

Palabras veciñas

eclipse eclíptica eclíptico -ca eclosión ecloxita eco eco-