dominar

dominar

lat domĭnāre

  1. v t

    Ter unha persoa ou un estado autoridade ou dominio sobre algo ou alguén. Tm v i.

  2. v t

    Reprimir alguén os seus sentimentos ou impulsos. Tm v pron.

  3. v t

    Conter ou reprimir algo prexudicial ou que está fóra de control.

  4. v t

    Ter coñecementos profundos dun determinado tema ou materia.

  5. v i

    Ser unha cousa superior por constituír o máis destacado ou predominante.

Sinónimos

Confrontacións

dobregar, domear

Citas

  • A ansia de cartos dominaba todas as nosas actuacións
  • Aquel rei dominaba o sur de Galicia
  • Co seu carácter forte domina todos os seus colegas do traballo
  • Daquela, Roma dominaba en todo o Mediterráneo
  • Dende aquela altura dominaba toda a cordilleira
  • Dominou o incendio sen pedirlle axuda a ninguén, Soubo dominar a situación malia todos os impedimentos
  • Nesta pintura dominan as cores cálidas, No seu carácter domina a violencia
  • No matrimonio dominaba ela, O equipo visitante dominou na primeira parte do partido
  • Non é quen de dominar os seus sentimentos
  • Non se domina en situacións comprometidas
  • O curmán de Hilaria domina o galego dende que tiña tres anos
  • O edificio do hospital domina a cidade
Conxugar
VERBO dominar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
domino
dominas
domina
dominamos
dominades
dominan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dominaba
dominabas
dominaba
dominabamos
dominabades
dominaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dominei
dominaches
dominou
dominamos
dominastes
dominaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dominara
dominaras
dominara
dominaramos
dominarades
dominaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dominarei
dominarás
dominará
dominaremos
dominaredes
dominarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dominaría
dominarías
dominaría
dominariamos
dominariades
dominarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
domine
domines
domine
dominemos
dominedes
dominen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dominase
dominases
dominase
dominasemos
dominasedes
dominasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dominar
dominares
dominar
dominarmos
dominardes
dominaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
domina
-
-
dominade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dominar
dominares
dominar
dominarmos
dominardes
dominaren
Xerundio dominando
Participio dominado
dominada
dominados
dominadas