divisor -ra
divisor -ra
Plural:
divisores
Masculino:
divisor
Masculino plural:
divisores
Feminino:
divisora
Feminino plural:
divisoras
-
adx
Que serve para dividir ou separar.
-
-
s
Número ou polinomio que outro contén exactamente dúas ou máis veces.
-
máximo común divisor [MCD]
O máis grande dos números ou polinomios que dividen exactamente a outros dous.
-
s
-
s
m
[IND ]
Accesorio das ferramentas mecánicas que permite soster a peza durante a mecanización e, ao mesmo tempo, efectuar un determinado número de fresados ou furados.
-
divisor de frecuencia
[TECNOL ]
Dispositivo ou circuíto electrónico que produce unha onda de saída da que a súa frecuencia é un submúltiplo da de entrada.
-
divisor de tensión
[FÍS ]
Dispositivo formado por dúas ou máis resistencias en serie, en que se aplica unha tensión nos seus extremos.
-
divisor de voltaxe/de potencial
[FÍS ]
Resistencia ou cadea de resistencias que están conectadas en serie e que se unen a distintos puntos para obter unha fracción coñecida da voltaxe.