divisor -ra

divisor -ra
Plural: divisores Masculino: divisor Masculino plural: divisores Feminino: divisora Feminino plural: divisoras
  1. adx

    Que serve para dividir ou separar.

    1. s

      Número ou polinomio que outro contén exactamente dúas ou máis veces.

    2. máximo común divisor [MCD]

      O máis grande dos números ou polinomios que dividen exactamente a outros dous.

  2. s m [IND ]

    Accesorio das ferramentas mecánicas que permite soster a peza durante a mecanización e, ao  mesmo tempo, efectuar un determinado número de fresados ou furados.

  3. divisor de frecuencia [TECNOL ]

    Dispositivo ou circuíto electrónico que produce unha onda de saída da que a súa frecuencia é un submúltiplo da de entrada.

  4. divisor de tensión [FÍS ]

    Dispositivo formado por dúas ou máis resistencias en serie, en que se aplica unha tensión nos seus extremos.

  5. divisor de voltaxe/de potencial [FÍS ]

    Resistencia ou cadea de resistencias que están conectadas en serie e que se unen a distintos puntos para obter unha fracción coñecida da voltaxe.