ditame

ditame
Plural: ditames
    1. s

      Xuízo ou opinión que se emite sobre un asunto.

    2. s [DER ]

      Opinión escrita e motivada que emite un facultativo sobre un asunto da súa especialidade e, especialmente, a que realiza un avogado ou xurisconsulto sobre unha cuestión de dereito ou de procedemento.

    3. ditame pericial [DER ]

      Informe en que un perito achega ao proceso os seus coñecementos técnicos, científicos, artísticos ou prácticos cos que o xuíz pode apreciar os feitos obxecto de debate.

  1. s m [DER ]

    Resolución dada polo Tribunal Internacional de Xustiza a cuestións relativas a un tema de dereito internacional formuladas por un órgano das Nacións Unidas ou por unha institución especializada de dereito internacional.

Formas incorrectas

dictame