ditadura

ditadura
Plural: ditaduras
  1. s f [HIST/POLÍT ]

    Sistema de goberno que se define pola concentración legal ou ilegal de todos os poderes políticos e o seu exercicio absoluto, nas mans dun goberno persoal ou colexiado.

  2. ditadura democrático-popular [POLÍT ]

    Réxime político formado pola alianza da clase obreira, os campesiños e a pequena burguesía urbana, baixo a dirección política da clase obreira.

  3. ditadura do proletariado [POLÍT ]

    Réxime político propio da transición da sociedade capitalista á sociedade comunista.

Formas incorrectas

dictadura

Palabras veciñas

dita ditado ditador -ra ditadura ditáfono ditame ditaminar