distanciamento

distanciamento
Plural: distanciamentos
  1. s m
    1. Acción e efecto de distanciar ou distanciarse.

    2. Situación de persoas que están distantes.

  2. s m [ESPECT ]

    Concepto dramático, proposto por Bertolt Brecht, que fai referencia a un efecto oposto á identificación emocional que provoca a ilusión teatral e a escena naturalista e figurativa, que procura a desalienación do espectador respecto da escena e dos mundos nela reflectidos.