dispositivo -va

dispositivo -va
Plural: dispositivos Masculino: dispositivo Masculino plural: dispositivos Feminino: dispositiva Feminino plural: dispositivas
  1. adx

    Que dispón, aplicado especialmente á parte dunha sentenza ou dunha ordenación en que está disposto aquilo que hai que facer.

    1. s [TECNOL ]

      Peza ou conxunto de pezas colocadas de maneira que sirvan para producir unha determinada acción.

    2. dispositivo activo [TECNOL ]

      Compoñente electrónico que produce unha amplificación.

    3. dispositivo electroacústico [TECNOL ]

      Dispositivo que transforma os sinais electrónicos en sinais sonoros.

    4. dispositivo intrauterino [MED ]

      DIU.

    5. dispositivo pasivo [TECNOL ]

      Compoñente que non produce unha amplificación.

    6. dispositivo periférico [TECNOL ]

      Dispositivo de entrada ou saída que se conecta á unidade central de proceso dun ordenador.

  2. s m [BÉL ]

    Disposición que adoptan as tropas para cumprir unha misión.

Palabras veciñas

dispor disposición dispositio* dispositivo -va disposto -ta dispraxia disprosio