disposición

disposición

lat dispositĭōne

Plural: disposicións
  1. s f

    Acción de dispor(se) ou dispoñer(se).

  2. s f
    1. Xeito en que se dispón ou coloca algo.

    2. [ARQUIT ]

      Distribución das partes dun edificio.

  3. s f

    Facultade ou posibilidade de dispoñer de algo ou alguén.

  4. s f

    Estado de ánimo ou actitude que presenta alguén para facer algunha cousa.

  5. s f

    Inclinación e aptitude dunha persoa para desenvolver unha actividade determinada.

  6. s f [ARQUIV ]

    Parte esencial dun diploma ou dun documento xurídico en que está expresado o obxecto da acción ou da vontade do actor.

    1. s

      Orde ou regulamento dunha autoridade.

    2. acto de disposición

      Acto polo que se cede un dereito, se transmite un ben ou se grava un inmoble.

    3. derradeira disposición

      Últimas vontades ou testamento dunha persoa.

Sinónimos

Confrontacións

determinación, facultade, habilidade, iniciativa

Citas

  • Desde pequena amosou boa disposición para a música
  • Eu, se che digo a verdade, cambiaría a disposición dos mobles
  • Gústame traballar con ela, sempre ten moita disposición
  • Hoxe parece que non tes boa disposición para axudarme
  • O ministro asinou unha disposición sobre a inmigración
  • Puxo á súa disposición o seu coche