discordia
discordia
lat discordĭa
-
s
f
-
Falta de acordo ou de harmonía entre persoas.
-
Enfrontamento que provoca a falta de entendemento.
-
-
s
f
[DER ]
Falta de maioría nun tribunal colexiado ao ditar unha resolución.
Sinónimos
Antónimos
Citas
- Coas súas palabras vai sementando a discordia no traballo
- Xa están os dous en discordia
Formas incorrectas
cizañaRefráns
- Axúntanse os homes mais non se axuntan os montes.
- En cada concello hai o seu can vermello.
- Farto está o cameiro que anda a topeñadas co seu compañeiro.
- Inda non comezamos e xa acabamos/rifamos.
- Moitas veces é máis grande a contenda cá causa dela.
- ¡Deus desaveña a quen nos manteña!
- ¡Deus me dea contenda con quen entenda/me entenda!