discordia

discordia

lat discordĭa

Plural: discordias
  1. s f
    1. Falta de acordo ou de harmonía entre persoas.

    2. Enfrontamento que provoca a falta de entendemento.

  2. s f [DER ]

    Falta de maioría nun tribunal colexiado ao ditar unha resolución.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Coas súas palabras vai sementando a discordia no traballo
  • Xa están os dous en discordia

Formas incorrectas

cizaña

Refranes

  • Axúntanse os homes mais non se axuntan os montes.
  • En cada concello hai o seu can vermello.
  • Farto está o cameiro que anda a topeñadas co seu compañeiro.
  • Inda non comezamos e xa acabamos/rifamos.
  • Moitas veces é máis grande a contenda cá causa dela.
  • ¡Deus desaveña a quen nos manteña!
  • ¡Deus me dea contenda con quen entenda/me entenda!