diluvio

diluvio

lat diluvĭu

Plural: diluvios
  1. s m

    Choiva extremadamente intensa.

  2. s m fig

    Abundancia desmedida dalgunha cousa.

  3. s m [RELIX ]

    Cataclismo que consiste nunha gran choiva e inundación universais que, segundo as tradicións relixiosas máis antigas, asolagou a terra como castigo divino, cun anuncio previo por parte da divindade, que deu orde de construír unha nave de salvación.

Sinónimos

Confrontacións

dioiva, dioivo, doira, doiro

Citas

  • Cada vez que sae o alcalde á rúa escoita un diluvio de queixas dos veciños
  • Non saiades á rúa agora, está caendo un diluvio e ides poñervos coma pitos